miércoles, 4 de diciembre de 2013
A influencia da ciencia na nosa calidade de vida
A nosa vida está moi unida aos avances tecnolóxicos. Grazas á rapidez das comunicacións podemos coñecer os novos descubrimentos que realizan os investigadores en todo o mundo e en todos os campos. A ciencia ponse ao noso servizo para mellorar a nosa calidade de vida.
A verdade é que se nos fai difícil pensar como llas ingeniaban aqueles que viviron noutras épocas para enfrontarse aos problemas cotiáns sen ter todos os medios e recursos que hoxe temos ao noso alcance. E é que a ciencia está nunha evolución permanente e a súa principal misión é que a nosa vida sexa mellor.
A ciencia quere poder explicar e predecir os fenómenos naturais e sociais. Non é unha tarefa fácil, xa que a natureza está cambiando constantemente, do mesmo xeito que a realidade.
Podemos recordar grandes inventos sen os cales nosas vidas non serían as mesmas:
? A Louis Pasteur debémoslle o sistema de pasteurización do leite e o descubrimento da vacuna contra a rabia.
? A Alexander Fleming debémoslle o descubrimento da penicilina, que supuxo un avance importantísimo na loita contra as enfermidades.
? E a Pierre e a Marie Curie, o descubrimento das radiacións do polonio e o radio e a súa utilización, por exemplo, no tratamento do cancro.
E como eles moitos outros que conseguiron cos seus descubrimentos que a nosa vida sexa máis confortable. Por iso, a ciencia e as investigacións son fundamentais, son a base do desenvolvemento da humanidade. Continuamente aparecen novos problemas e dificultades aos que hai que buscar solución. A ciencia está nunha loita constante.
Pero malia todos estes aspectos positivos, non podemos esquecer aquelas zonas desfavorecidas onde estes avances apenas chegan: segue habendo epidemias, os nenos mórrense de fame e no campo das comunicacións, están moi atrasados en comparación cos países desenvolvidos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario