miércoles, 29 de enero de 2014

A creatividade na ciencia.

Un dos factores determinantes para que se poida producir a ?serendipia?, e para o progreso humano en xeral, é a creatividade, que é unha facultade innata no home. A creatividade baséase na capacidade imaginativa de cada un e, sen dúbida, detrás dos grandes descubrimentos da ciencia sempre estivo a imaxinación. E é que para poder facer un achado, fai falta unha mente aberta e libre, que contemple todas as posibles solucións por inverosímiis que parezan, pois si algo aprendemos, é que en calquera momento ?salta a liebre?, que a resposta que tanto desexamos podemos achala no momento máis inesperado. Por iso, si un científico dedica a súa vida ao estudo dun proceso, coa idea de descubrir o que ninguén puido ata agora, si non consegue atopar a solución tras anos de esforzo e dedicación, a este estudioso quédanlle dúas opcións: abandonar esa procura que puido converterse nunha obsesión que domina a súa vida, ou pola contra, continuar as súas investigacións pero tomando outro camiño, porque o científico ten que ser práctico e intelixente, e ser capaz de romper barreiras, de romper as propias barreiras da súa mente. Chega un momento na traxectoria de todo investigador en que ten que saber renunciar a unha idea que non acaba de callar para contemplar outras posibilidades, que talvez lle leven, por fin, ao camiño correcto. Ante todo, a creatividade-imaxinación non pode existir nunha mente que se aferra desesperadamente a algo. A imaxinación supón que a nosa mente pode voar en liberdade, dirixida pola vontade e supervisada pola intelixencia, pois si non, non poderiamos falar de imaxinación senón de fantasía: de múltiples imaxes que se suceden sen control, pero que desde logo non nos levarán a ningunha solución viable. O científico, si quere avanzar e poder achegarse á ?serendipia?, non debe permitir que nada inflúa na súa investigación, nin sequera o seu propio desexo de éxito, porque desexar algo con demasiada vehemencia pode ser o principal obstáculo para que podamos alcanzalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario