miércoles, 29 de enero de 2014

Filosofía Científica.

"Moitos consideran que a filosofía é inseparable da especulación. Creen que o filósofo non pode usar métodos que establezan o coñecemento, xa sexa o coñecemento de feitos ou o de relacións lóxicas, e que debe falar unha linguaxe non susceptible de verificación; en resumo que a filosofía non é unha ciencia. Pretendo establecer a tese contraria. Sosteño que a especulación filosófica é unha etapa pasaxeira. Para dicilo en poucas palabras: teño a intención de demostrar que a filosofía partiu da especulación para chegar á ciencia". "A filosofía científica trata de chegar a conclusións tan precisas e tan seguras como os resultados da ciencia. Insiste que o problema da verdade debe suscitarse dentro da filosofía no mesmo sentido que nas ciencias. Non pretende posuír unha verdade absoluta, cuxa existencia nega para o coñecemento empírico. A nova filosofía é en si empírica e satisfaise coa verdade empírica".

No hay comentarios:

Publicar un comentario